Valeu a Pena

from É Mellor Matarse by Cabodano

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

lyrics

Unha sombra asexaba
Agardando o momento ideal
Agochados na noite
OndE ninguén poidera escoitar

Quen foi? Quen ma arrebatou?
Por que isto tivo que pasar?
Unha dor inmensa, outra luz apagada
Pero ó fin tan só outra estadística máis

Isto non pode ser. así non pode quedar
O instinto non me permite
Tan só ficar mirando e agardar

Ó final a historia de sempre
Simplemente outro trámite mais
Caso pechado e tema resolto
E xa me teño que conformar

E non darlle mais voltas
Seguir coa miña vida
Agora todos comprenden
O que nin sequera imaxinan

Non me pidas que esqueza
Non me pidas que perdoe
Non me pidas que renuncie
Non me pidas que non odie
Non me digas que hai xustiza
Porque a min aínda me doe
Non insistas, non renuncio
O que facía ter sentido a vida

Que o tempo todo o cura
Non foi certo para min
Non pasei páxina
Tan só aprendín a convivir
Mentres teña un alento
Non penso permitir
Que outras pasen por isto
Que isto se volVe a repetir

Pouco me importa xa
O que me pase a min
Conto os días pra que chegue
A hora de poñerlle fin
Cando esa porta se abra
Agardarei por vós
E aliviarei a alma
Respirará o meu corazón

Chegou a hora de pagar
As débedas non saldadas
Recibiredes xustiza
Sen venda e balanza mais si coa espada

Xa está todo en marcha
E non o podo parar
Pronto enmendarei
O que este sistema non quixo arranxar

Obrigada a tomar a xustiza pola man

Agora os que antes non foron capaces
Os que o permiten virán a buscarme
Non me faledes de leis nin de moralidade
Eu antes que a Cristo prefiro a Hammurabi

Pra algúns valentía
Pra outros demencia
E quizáis sexa certo, quizáis esté enferma
Máis tanto me ten, escolle a que queiras
Teño por seguro que valeu a pena

Non me pidas que esqueza
Non me pidas que perdoe
Non me pidas que renuncie
Non me pidas que non odie
Non me digas que hai xustiza
Porque a min aínda me doe
Non insistas, non renuncio
O que facía ter sentido a vida

“I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:
eu, neles; i as leises, na man que os ferira”

credits

from É Mellor Matarse, released April 13, 2024

license

all rights reserved

tags

about

Cabodano Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact Cabodano

Streaming and
Download help

Report this track or account

If you like Cabodano, you may also like: