We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

O Espertar

by Cabodano

/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €1 EUR  or more

     

1.
Intro 03:07
2.
Cómo podes voltar coa cabeza alta despois de matar a xente inocente? Só por representar a cincuenta estrelas, baixo o azul, vermello e branco. Non deixas de ser un títere, pregando a deus, para matar e non morrer. En qué te convertiches para seguir ese soño? Se deixaches no camiño... toda ilusión por ter. Quén creou o mundo para chegar a todo isto? Quén creou este mundo para acabar con todo isto? Espertarás polas noites, e sentando na cama, un sentimento de culpa moi dentro da ialma. Basta xa! Para xa de provocar sufrimento; espertas todas as noites co mesmo lamento. Un sentimento de culpa non che deixa descansar, non che deixa descansar. Noite tras noite os mesmos pesadelos, sentado, suando, a escuras. Espertarás polas noites, e sentando na cama, un sentimento de culpa moi dentro da ialma. Moi dentro da ialma, un sentimento de culpa che aborda. (Espertarás polas noites) Noite tras noite, un sentimento de culpa che aborda, noite tras noite, moi dentro da ialma, dentro da ialma, déixao xa.
3.
Quén tivo a curiosidade? Quén non buscou a explicación? A inmensidade do infinito que abafa a túa comprensión. Pero alguén se adiantou dende o principio dos tempos, e dounos a solución para ternos contentos. Que felices son algúns mandándonos para o inferno, mentres teñen as sotanas sobordantes de diñeiro. Farto de escoitar predicar. Farto da vosa caridade. Farto de vervos prohibir. Farto da impunidade. Non obedecerei ningunha das vosas absurdas leis ditadas por mercaderes. Non che son home de fé. Podedes lavar a cara pero non as mans. O sangue nunca se borra e tedes moito que limpar. Non funciona xa! Xa non metedes medo. Non é a primeira vez que vos botan do templo. Non quero un ser protector, non traballarei para vós, prefiro o desconñecido, seguir buscando a explicación. Mellor no inferno ou no limbo, prefiro ser un pecador. Afrontarei o meu xuízo sen avogado defensor. Pero alguén se adiantou dende o principio dos tempos, e dounos a solución para ternos contentos. Que felices son algúns mandándonos para o inferno, mentres teñen as sotanas sobordantes de diñeiro.
4.
Odio 03:55
Cando penso na situación na que nos encontramos, na vida que nos tocou vivir. A miseria que nos rodea. No meu interior crece o odio. Cantas bocas hai sen alimentar. Que triste é vivir, ter que resistir o día a día condenados a sufrir. Escravos da pobreza sen ter nada mais que unhas moedas para sair comprar o pan No meu interior crece o odio! Cando no meu pensamento brotan escenas grotescas, familias enteiras que morren á fame. O planeta está en crise mundial non hai volta atrás, condenados en vida. O planeta está en crise mundial non hai volta atrás, condenados en vida. Odio! A xente que se fai rica a costa das persoas máis honradas que loitan día tras día para sacar adiante unha familia Odio! A toda a escoria clasista, a toda a raza fascista, ós que abusan sempre dos débiles, odio ó egoísta admiro ó humilde. No meu interior crece o odio! Pois non comparto a avaricia ca que trafican os altos mandos. Por diante ofrecen axuda, por detrás estannos matando. Por diante ofrecen axuda, por detrás estannos matando. Sempre as mesmas mentiras, fartos de escoitar sempre o mesmo o mesmo resultado... miseria e inxustiza. Fartos de escoitar sempre o mesmo resultado... miseria e inxustiza!
5.
Pensaba que todo estaba rematado xa, que esa sombra non ía voltar. Despois de anos levando un disfraz volvín a ser eu moi ó meu pesar. Antano fun un tipo mordaz! Non era eu era un antifaz! Que me obrigaba sen pensar! Que me impulsaba a actuar! Polas noites o seu espírito me posuía, amardago pasaba o día, coa súa voz na cabeza incitándome. A facer, a pensar, baraxar cousas extrañas. A facer, a pensar, baraxar cousas extrañas. Sumerxido nun mar de bebida, vaso a vaso bebía a miña vida, que se retorcía día a día, non había outra saída. O home do espello apareceu, ese que tanto medo me daba. O home do espello apareceu, ese que tanto medo me daba. Sen previo aviso o home voltou, entra na mente como se nada. O rumbo da vida prendía dun fío xa, cando unha luz me fixo recapacitar. Necesitas cambiar, deixarte de matar, co teu sorriso me fixo cambiar.
6.
Carniceiros 06:11
Carniceiros de ollos claros aparecen no horizonte, victoriosas hordas verdes traen con elas a morte. Prepotente raza cruel que outra vez volta as andadas, non entenden outra lingua que non sexa a das espadas. O terror chama á túa porta, sen dar opción a fuxir, nada queda por perder, pero moito por sufrir. Ferro e lume sementaron os teus campos de sangue, converténdoos nun inferno sen lugar para os cobardes. Algúns pensan que é o final, que xa todo está perdido, só a esperanza vos permite aínda seguir erguidos. Uns conteñen o alento, outros cantan victoria, mentres ti non esqueces as leccións da historia. A atrocidade non puido baixar os brazos de aqueles que saben loitar. Non hai crueldade capaz de derrotar vontades de aceiro que non claudicarán. Quen a ferro mata, a ferro atopará a morte, nada hai peor que a soberbia ó saberse forte, a súa hora chegou cando xa o estaban dando por feito, para acabar contando os días entre a desesperación e o medo. Frío e fame, lume e sangue, que converteu en manxar a carne de rata. Nunca tan fría se servíu a vinganza. A atrocidade non puido baixar os brazos de aqueles que saben loitar. Non hai crueldade capaz de derrotar vontades de aceiro que non claudicarán.
7.
Non tes saída, só un plan definido. Destino establecido. A morte asexa, atópaste sen tempo, sen bágoas, sen sombra. Avanza sen vento, sen rumbo nin noción, apaga as velas que iluminan a razón Avanza sen vento, sen rumbo nin noción, apaga as velas que iluminan a razón Pensa que sempre...! Sempre está a man, a man que move os fíos que marca o teu camiño. Non vendas a ilusión, mais merca realidade, con soños buscando o norte. Intenta! Crear un mundo paralelo, non deixes nunca... de pensar! Nun destino establecido, un plan definido, nun mundo sen sentido. Non deixes de pensar! Nun destino establecido, un plan definido, nun mundo sen sentido. Non deixes de soñar! Avanza sen vento, sen rumbo nin moción, apaga as velas que iluminan a razón. Ten sempre presente que a razón non existe, fagas o que fagas, chores o que chores. Arderán as túas bágoas! Arderán as túas bágoas!
8.
Sensacións 03:40
Polo mundo sairei a buscar o que sei que non podo mercar, aquilo que só algúns queren pero que todos din atopar. Dun sitio a outro, co comido polo servido. O obxetivo é o mesmo pero cada vez atopo algo distinto. Sensacións! Que non che esquecerán. Emocións que hai que traballar, que terás que pagar, que che regalarán. Acepto as condicións sen pararme a pensar. Acepto atoparme co que xa vin a buscar. Perder o tempo invertindo sen gañar Facer camiño con rumbo a ningún lugar Andar buscando outro lugar, disposto sempre a aceptar. Andar buscando outro lugar, disposto sempre a aceptar. Atrapado estou pois fun abducido polo destino. Por fortuna ás veces doce, feliz home no seu camiño. Acepto as condicións sen pararme a pensar. Acepto atoparme co que xa vin a buscar.
9.
Falso Amor 03:58
Pasan os anos, a moza é muller, anda buscando a saída. Os sentimentos creeunos certos, pensou que era o que quería. Entregada ó macho famento que disfraza a súa gran mentira, con moedas, agasallos e agarimos, merca así a súa prometida. O comezo da nova vida, fermosa, estraña. É doado esquecer, pasar de todo a nada. Escrava do teu fogar, escrava do teu amor... a túa historia rematou, cando a vosa comezou. Caeu na trampa, na súa mentira, cegada pola ilusión, inocencia perdida. Falso amor! Quen ía pensar? Ninguén llo contou, como era a súa salvación. Pasan os anos, pasou a vida, fuches de alegre a rechumida. Escrava do teu fogar, escrava do teu amor... a túa historia rematou, cando a vosa comezou.

about

Cabodano - O Espertar (2018)

LP autoxestionado, gravado, misturado e masterizado polos nosos propios medios, baixo o nome de Novena Records.
A gravación foi realizada nas nosas casas e no noso local de ensaio.
Edición, mistura e masterización realizada por Mora no seu "Home Studio" no ano 2018. (GZ)

LP autogestionado, grabado, mezclado y masterizado por nuestros propios medios, bajo el nombre de Novena Records.
La grabación se realizó en nuestras casas y en nuestro local de ensayo.
Edición, mezcla y masterización hecha por Mora en su "Home Studio" en 2018. (ES)

LP self-managed, recorded, mixed and mastered by our own means, under the name of Novena Records.
Recording was made in our houses and in our rehearsal room.
Editing, mixing and mastering made by Mora in his "Home Studio" in 2018. (ENG)

credits

released October 13, 2018

license

all rights reserved

tags

about

Cabodano Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact Cabodano

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Cabodano, you may also like: