We’ve updated our Terms of Use to reflect our new entity name and address. You can review the changes here.
We’ve updated our Terms of Use. You can review the changes here.

É Mellor Matarse

by Cabodano

supported by
/
  • Streaming + Download

    Includes unlimited streaming via the free Bandcamp app, plus high-quality download in MP3, FLAC and more.
    Purchasable with gift card

      €10 EUR  or more

     

1.
2.
Pobre Rapaz 04:44
A inocencia marcouche o camiño Nunca pensaches que era vitalicio Fuches queimando etapas pouco a pouco Ata pasar o punto de non retorno Fuxes da luz, vives baixo a terra Unha vida de can, sempre comendo merda A teoría non che botará unha man. Isto é o mundo real Os que predican non estarán no teu lugar. E alguén ten que actuar Unha misión que cumprir, Pensar É perder o tempo Non te podes permitir plantexarte o que estás facendo Onde irás o día que sexas capaz? De espertar do teu soño E atopes a un monicreque no espello Pois o teu nunca foi oír e calar e as preguntas resultan molestas Ves absurdo o que antes era o normal. esqueces que os soldados non pensan Querías ser o modelo a seguir. sempre pensaches que estabas no certo Agora as dúbidas apodéranse de ti esvaecendo os preceptos Outra víctima da esperanza, outra vida que buscaba sentido E remata como outras tantas, na lista de heroes malditos O día que entra entraches nunca CHE explicaron o método para saír Isto é para sempre, e nunca pensaches que un día te podías arrepentir Fuxir cara adiante É a única cousa que alcanzas a ver como a solución Sabes que é vivir enganado pero non es quen, non es quen, de atopar algo mellor Agora eres consciente do que estiveches facendo E só fuxes cara adiante tentando gañarlle ó tempo Onde irás o día que sexas capaz? De espertar do teu soño E atopes a un monicreque no espello Que farás coa túa vida pobre rapaz? Agora que xa non poderás Aferrarte con forza a un soño de liberdade
3.
As Portas 04:06
Vin ó mundo entre escombros Do que un día foi o meu fogar Levo o peso nos ombros Co que sempre terei que cargar Son veciño da morte Ata que ela me veña a buscar Xa esgotei a esperanza Máis tampouco me vou resignar Vivo entre os muros Dos que din ser fillos do Gran Rei Negáronme o futuro E só teño a opción de morrer No momento xusto, no lugar equivocado Só uns metros separan a terra Dos nobres da dos condenados Onde están as portas polas que escapar? Como podo ter (por fin) no mundo o meu lugar? Por que día a día teño que loitar? (sen fin) Tan só por nacer quérenme matar Maldicido polos elixidos Nada que perder e moito por gañar Cando tes escrito o destino Os golpes son máis fáciles de soportar Só se pode correr cara adiante Cando non hai camiño pra atrás A vida é un inferno, cando David se converte en Goliath Quero buscar! Onde están as portas polas que escapar? Como podo ter (por fin) no mundo o meu lugar? Por que día a día teño que loitar? (sen fin) Tan só por nacer quérenme matar
4.
O Profeta 04:09
Non lle importan as perdas da verdade Calquer momento pra xustificala "razón” Coa man tendida do fiel creador Erguidos, divinos… profetas da bendición O arrepentimento non existe baixo a cruz Córtanlle a lingua a molestia coa mesma luz O presbiterio cheo de orgullo e sensación Dunha labor ben feita coa oración Únete a nós na mutilación Malditos sexan… piden perdón Embalsamados na riqueza falsa Rendiranse a forza da razón E que mais dan os dez mandamentos Se vós non tendes os mesmos pensamentos E inda que mórramos mañá… Mañá! Mañá! Caerá! O exército profeta Despertando na vida Loitando coa mentira Paso a paso, pouco a pouco Cheos de ira Rexeitas as guías que impuxeron neste mundo sen control No firmamento, na pulcritude, só atopas fedor Unha chamada no medio da noite… invocando un favor A execución no trono da verdade… do inxusto redentor 1, 2, 3, 4… todos eles, evanxelios cunha misión Confiados e convencidos… benvidos a rebelión! A – LE – LU - IA E que mais dan os dez mandamentos Se vós non tendes os mesmos pensamentos E inda que mórramos mañá… Mañá! Mañá! Caerá! O exército profeta
5.
Somos Othar 05:20
Nubes de azufre cubren o ceo. A calor testemuña que os raios están presos Veleno do exterior o aire afoga. xa temos a sentenza, chegou a nosa hora Outra vez o mesmo conto. Ese non é o meu problema Xa se preocuparán outros. que me importa a min se quenta O noso futuro vaise derretendo cada vez en menos tempo Destruindo todo por uns poucos ferros. ser humano, ser enfermo Somos o lume do averno que todo abrasa Somos o virus da peste que infecta a Gaia Somos as sete mil millóns de pragas Xa soan as trompetas e as copas agardan (Sube a marea outra vez. cada vez está máis preto dos teus pés) (Pronto Ortegal será o trópico) e irás de turismo ó continente de plástico A herdanza do progreso estanos chegando xa Longa vida ó gran capital FactorÍas de ilusión alimentadas por carbón Mareas negras invaden as rías Gaivotas pardas e troitas radioactivas A terra morre de sede, o ocre devorou ó verde Natureza devastada sen violar xa non hai nada Chegou a nosa hora! Chegou a nosa hora! Viaxe a venus sen mover os pés da terra Caemos no paraíso é enchémolo de merda A que antes foi fermosa agora é unha escombreira inmunda E imos cavando pouco a pouco a nosa propia tumba A conta atrás xa comezou. É demasiado tarde, o prazo rematou Como é costume non fixemos nada. agora o planeta reclama a súa vInganza O noso futuro vaise derretendo cada vez en menos tempo Destruindo todo por uns poucos ferros. ser humano, ser enfermo Somos o lume do averno que todo abrasa Somos o virus da peste que infecta a Gaia Somos as sete mil millóns de pragas Xa soan as trompetas e as copas agardan
6.
Na loita das mentiras, ninguén con quen contar Escoitando medidas sen poder opinar Causando o mal e terror, sen medo, sen compasión Todo se repite outra vez coma unha escura canción Nun labirinto estás, non tés con quen chorar Non te recoñeces, mais non o entenderás Míraste o espello, pensas na vida que non volverá Sénteste confuso, cúlpaste a ti mesmo… de non ser "normal” Baixo a condea dourada dunha intensa e firme traizón Por confiar na palabra dos que non merecen perdón Que mais da no que pensen eles, estás listo pra unha misión Chorando sangue, berrando ó ceo, todo acaba na dor A enfermidade da existencia morta descansa na destrucción Incrementando a idea da vida por compartir esta decisión Extra! Extra! Comeza a conta atrás Ofrenda ó número seis, ó que compón á besta Extra! Extra! Extra!! Extra!! Extra!!! Extra!!! Isto é! A Ira da Mente! Seis asasinatos na mesma cidade Cinco suicidios na escuridade Catro disparos sen dignidade Lentamente… Esto vaise Tres motivos dunha realidade Dúas inxeccións de mortalidade Un cento de anciáns sen prosperidade Certamente… alarmante Caeu a noite. Quebrou a ialma. Veleno na pel E a vida en chamas Sei que virá, Sei que estarei... Mellor, mellor… Mellor, mellor… Morto! Morto! Míraste o espello, pensas na morte wue deixas atrás Sénteste confuso, rxcúsaste a ti mesmo… de non ser "normal"
7.
(Vou!) Cara o meu destino No que pronto chegará o último amencer E (Sei!) que neste camiño Só hai billete de ida e non poderei volver Sen unha estrela cosida Quen se lembrará de (NÓS!) Torturados, perseguidos Ignorados e esquecidos Por sempre malditos (Vou!) No lombo dun corvo (Estou!) No medio dos mortos (Serei!) Un número máis Unha simple rata de laboratorio (731) o número da vergoña (731) o número da inxustiza (731) o número da ignorancia (731) interesada perpetuada por algúns Mutilados, infectados, conxelados Afogados, gaseados, golpeados Nin na túa imaxinación serías quen de figurarte Os delirios do maníaco de Harbin Non! Información por vidas E as contas saldadas Premios aos xenocidas E aquí non pasou nada (Vou!) No lombo dun corvo (Estou!) No medio dos mortos (Serei!) Un número máis Unha simple rata de laboratorio (Vou!) No lombo dun corvo (Estou!) No medio dos mortos (Serei!) Un número máis Unha simple rata de laboratorio
8.
Dakhma 03:24
A terra, A auga, O lume e o aire Os pais da natureza que velan por nós Crean a vida e dando forma o espírito Son eses os únicos deuses de todo o universo? Corpos impuros Almas escuras Contaminando os elementos Dando sepultura Baixo terra Tomando a chama que nos alumea As torres do silencio Agardan por vós Púrganvos os males Evitando o contacto ca terra, ca auga, co lume e co aire O osario agardando Novos restos humanos Esqueletos liberados Polas aves, purificados Corpos impuros Almas escuras Contaminando os elementos Dando sepultura Baixo terra Tomando a chama que nos alumea As torres do silencio Agardan por vós Púrganvos os males Evitando o contacto ca terra, ca auga, co lume e co aire A túa maldade pechada Polas torres dakhma Creadas polos Parsis Beberemos auga clara Osos branqueados Coa luz do sol A entrada no osario... por fin chegou!
9.
Argonauta 05:00
Sentenciado a ser un criminal Por querer unha vida en paz Arrinquei as raíces do berce. deixei atrás todo aquilo que son Encomendeille ó azar a miña vida pensando que calquera cousa sería mellor Un argonauta. a nova ilíada Non persigo ningunha riqueza por moitas probas que teña que superar Son esa mancha no espello que emborrona a sociedade ideal Son ese gran no traseiro que molesta ó sentarte no sofá Vou sen un rumbo fixo Abrindo camiñoesquivo o destino Unha odisea en van. Penélope onde estás? O meu vélaro non é de ouro, e a miña vida vale o que poida pagar De onde veño so hai murmuradores. agora Iblis manda. Él é o señor Sei que xamAis voltarei a miña terra, e de equipaxe levo a desesperación (Aboiando no mar) O meu futuro estaba escrito e decidín que o podía trocar Son un delincuente tan só por querer vivir A min non me chamou ninguén, o único que quero é fuxir Os que nos dan leccións péchanme a porta no nariz Son o culpábel dos seus males non hai sitio para min. Non! Puiden vencer os meus medos con outros aínda meirandes Fabricados por aqueles coa avaricia por bandeira e a indiferencia por diante Non sintas pena por min Aínda teño forzas pra loitar Sei que estorbo e non me queren aí Que teñen moito mAis medo ca min (Condeado eternamente a vagar) errante en algún lugar Son un delincuente tan só por querer vivir A min non me chamou ninguén, o único que quero é fuxir Os que nos dan leccións péchanme a porta no nariz Son o culpábel dos seus males non hai sitio para min. Non!
10.
Valeu a Pena 07:12
Unha sombra asexaba Agardando o momento ideal Agochados na noite OndE ninguén poidera escoitar Quen foi? Quen ma arrebatou? Por que isto tivo que pasar? Unha dor inmensa, outra luz apagada Pero ó fin tan só outra estadística máis Isto non pode ser. así non pode quedar O instinto non me permite Tan só ficar mirando e agardar Ó final a historia de sempre Simplemente outro trámite mais Caso pechado e tema resolto E xa me teño que conformar E non darlle mais voltas Seguir coa miña vida Agora todos comprenden O que nin sequera imaxinan Non me pidas que esqueza Non me pidas que perdoe Non me pidas que renuncie Non me pidas que non odie Non me digas que hai xustiza Porque a min aínda me doe Non insistas, non renuncio O que facía ter sentido a vida Que o tempo todo o cura Non foi certo para min Non pasei páxina Tan só aprendín a convivir Mentres teña un alento Non penso permitir Que outras pasen por isto Que isto se volVe a repetir Pouco me importa xa O que me pase a min Conto os días pra que chegue A hora de poñerlle fin Cando esa porta se abra Agardarei por vós E aliviarei a alma Respirará o meu corazón Chegou a hora de pagar As débedas non saldadas Recibiredes xustiza Sen venda e balanza mais si coa espada Xa está todo en marcha E non o podo parar Pronto enmendarei O que este sistema non quixo arranxar Obrigada a tomar a xustiza pola man Agora os que antes non foron capaces Os que o permiten virán a buscarme Non me faledes de leis nin de moralidade Eu antes que a Cristo prefiro a Hammurabi Pra algúns valentía Pra outros demencia E quizáis sexa certo, quizáis esté enferma Máis tanto me ten, escolle a que queiras Teño por seguro que valeu a pena Non me pidas que esqueza Non me pidas que perdoe Non me pidas que renuncie Non me pidas que non odie Non me digas que hai xustiza Porque a min aínda me doe Non insistas, non renuncio O que facía ter sentido a vida “I estonces... estonces cumpreuse a xusticia: eu, neles; i as leises, na man que os ferira”
11.
Aversión 03:06
Medo a vivir. medo a morrer A tolerar un pánico irreal Noxo, medo, fobia! Brotes de terror alimentan aversión Pelexas internas que desatan repulsión Sentimientos de raiba córtanche a respiración E o teu corazón quere sair do peito Non entendes a razóns, agardas o último alento Vas encaiando (pouco a pouco) vaste pechando en ti mesmo (en ti mesmo) Pra te afundir, (sen rescate) Pra naufragar nos teus adentros (Noxo!) Noxo a todo e sintes (Medo!) Sintes medo é máis (Fobia!) De tí mesmo Enfermaches nun tormento Esta situación Vai tornando eterna Só ves unha solución Que remata baixo terra Vaste deixando (pouco a pouco) Vas agardando o teu momento (o teu momento) Víctima diste (dos teus erros) Pasas os días entre lamentos Nos que has de afogar Vaste! Inicias á última viaxe sumerxido no vermello Sentes frío e alivio remataron os teus medos Agora xa durmo tranquilo Sen agobios nin camiño Neste intre sinto paz E coa renuncia decidín Poñerlle fin ó meu martirio
12.
Sabes ben onde atopar o paraíso temporal Sabes ben que ten un prezo e estás disposto a pagar Fai tempo comezaches querendo experimentar Ata que te deches conta que non había volta atrás Outra vez buscando autodestrucción Non é por pracer, é obrigación Veña outra vez, veña outra máis Só és un enfermo, outra víctima Pensabas inxenuo que podías manter o control Que algún día cambiarías, pero ese día non chegou Só buscas algo co que calmar Esa Ansia que sabes que é artificial Consumindo a túa vida outro día máis Es un caso perdido agardando o final Xamáis pensaras chegar A escravitude total Xa coñecías a trampa E mais caIches igual Non buscas un rescate, buscas unha solución Tanto ten cal sexa Pero canto antes mellor E mentras a agardar, e agardando outra máis Pensabas inxenuo que podías manter o control Que algún día cambiarías, pero ese día non chegou Só buscas algo co que calmar Esa ansia que sabes que é artificial Consumindo a túa vida outro día máis Es un caso perdido agardando o final Só buscas algo co que calmar Esa ansia que sabes que é artificial Consumindo a túa vida outro día máis Es un caso perdido agardando o final
13.
14.
Agora eres feliz, xa nunca sentiches dor Ninguén merece o amor, deste xeito, sen perdón Na túa fría mente aparecen estraños Escuros, desganados… que pena, que clamor A esperanza cae coma o rei, meu traidor Caeron e voaron coma as cinzas no solpor A túa herdanza será a creación dun inferno Por demanda-la morte pra…teu pai, túa nai E ti sen mais… e que esperar Que nunca che deberon crear Eles xa partiron deixando o silencio Sobre a túa cabeza, un sentimento eterno A culpa elévase sobre o ceo doído Como as plumas, precipítaste sen sentido Escuros pensamentos apodéranse de ti Os doces soños que tiñas, pesadelos serán Na media noite! A maldición caerá Na media noite! A vinganza sufrirás Sentirás o feitizo sobre o teu carón Os desexos tinguidos de medo e terror Na media noite! A verdade sabrás Na media noite! Chegará o final As ganas de seguir fóronse esvaecendo Atormentado estás, xa se rompe o silencio Quixeches o final dos teus fieis e pobres guías Mais tanto che deu, riqueza so querías Mais tanto che deu, riqueza so querías Mais tanto che deu, riqueza so querías A túa herdanza será a creación dun inferno Por demanda-la morte pra…teu pai, túa nai E ti sen mais… e que esperar Que nunca che deberon crear Caeron e voaron coma as cinzas no solpor

about

Cabodano - É Mellor Matarse (2024)

LP autoxestionado, gravado, misturado e masterizado polos nosos propios medios, baixo o nome de Novena Records.
A gravación foi realizada nas nosas casas e no noso local de ensaio.
Edición, mistura e masterización realizada por Mora no seu "Home Studio" no ano 2024. (GZ)

LP autogestionado, grabado, mezclado y masterizado por nuestros propios medios, bajo el nombre de Novena Records.
La grabación se realizó en nuestras casas y en nuestro local de ensayo.
Edición, mezcla y masterización hecha por Mora en su "Home Studio" en 2024. (ES)

LP self-managed, recorded, mixed and mastered by our own means, under the name of Novena Records.
Recording was made in our houses and in our rehearsal room.
Editing, mixing and mastering made by Mora in his "Home Studio" in 2024. (ENG)

credits

released April 13, 2024

license

all rights reserved

tags

about

Cabodano Santiago De Compostela, Spain

contact / help

Contact Cabodano

Streaming and
Download help

Report this album or account

If you like Cabodano, you may also like: