Quén tivo a curiosidade?
Quén non buscou a explicación?
A inmensidade do infinito
que abafa a túa comprensión.
Pero alguén se adiantou
dende o principio dos tempos,
e dounos a solución
para ternos contentos.
Que felices son algúns
mandándonos para o inferno,
mentres teñen as sotanas
sobordantes de diñeiro.
Farto de escoitar predicar.
Farto da vosa caridade.
Farto de vervos prohibir.
Farto da impunidade.
Non obedecerei ningunha
das vosas absurdas leis
ditadas por mercaderes.
Non che son home de fé.
Podedes lavar a cara
pero non as mans.
O sangue nunca se borra
e tedes moito que limpar.
Non funciona xa!
Xa non metedes medo.
Non é a primeira vez
que vos botan do templo.
Non quero un ser protector,
non traballarei para vós,
prefiro o desconñecido,
seguir buscando a explicación.
Mellor no inferno ou no limbo,
prefiro ser un pecador.
Afrontarei o meu xuízo
sen avogado defensor.
Pero alguén se adiantou
dende o principio dos tempos,
e dounos a solución
para ternos contentos.
Que felices son algúns
mandándonos para o inferno,
mentres teñen as sotanas
sobordantes de diñeiro.
Finnish death metallers leaven infernal dynamics with triumphant, infectious melodies, striking a compelling balance between grit and grace. Bandcamp New & Notable Oct 25, 2023